sábado, 11 de abril de 2020

Día de Rosalía

O venres, 28 de febreiro, celebramos un ano máis, o día de Rosalía de Castro, que  naceu un 24 do mesmo mes de 1837 en Santiago de Compostela.


O alumnado de 6º de Primaria, explicou aos compañeiros de 3º a 5º de Primaria algo da biografía da nosa gran poetisa, e, o de 5º e 3º , recitaron varios poemas.


Por último, todos  cantamos “Adiós, ríos , adiós fontes”, na versión de Amancio Prada.


P1220432

Elaboramos tamén  un marcador co retrato de Rosalía e decorado por eles.

P1220305

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENREGUÉIFATE!

O venres 5 de decembro, o alumnado de 5º e de 6º curso de Educación Primaria asistiu a un Obradoiro de Regueifas, que nos ofreceu o Concello...