Fixemos un desfile polo lugar da Braña. Encabezaban a comitiva os nenos e nenas de Educación Infantil seguidos polo resto do alumnado e de moitas familias.

De volta ao colexio, tocaba a “merendola” acostumada: filloas, rosquillas, orellas, biscoitos e chocolate Mariño con leite. O patio cuberto de diante estaba decorado con caretas, murais e fotografías a gran tamaño de comidas e sobremesas propias desta época así como de diferentes filloeiras e pedras para facer as filloas das máis antigas ás máis modernas.
O día estivo espléndido. Non se lle podía pedir máis!

Ningún comentario:
Publicar un comentario