venres, 15 de maio de 2020

Conta, quinto!

O KRAKEN


 Na Fosa das Marianas encóntrase un monstro lexendario, temido por todos os que se fan á mar. É o… Kraken!  Esta lura leva séculos atormentando a todo tipo de barcos: buques, mercantes… Ninguén que se atopou con ela conseguiu sobrevivir. Esta besta destroza e afunde barcos e aos seus tripulantes.


Non hai persoa que se   atrevera a desafiala, excepto un mozo audaz e intrépido. É alto, de pelo castaño e uns ollos azuis e profundos como o océano. Chámase Acuario. Só pensa en matar ao Kraken xa que este matou o seu pai. Tras anos de arduos traballos conseguiu suficientes mariñeiros para ir en busca do Kraken.


Embarcaron unha boa mañá con vento a favor; o barco navegaba como un raio. Navegaron polas costas africanas pero non atoparon  ao Kraken. Pouco a pouco, os días ían pasando lentamente, sen nada novo, eran iguais aos anteriores. Estaban a punto de renderse cando se escoitou:


 -Kraken á proa!

Así era, unha silueta emerxeu e empezou a batalla. Acuario e os seus defendíanse como podían dos ataques. Pouco a pouco, as forzas do Kraken diminuíron e así empezou  o cotraataque. Os mariñeiros foron aos canóns e unha chuvia de chumbo caeu sobre o seu adversario. O Kraken non podía resistir máis. Acuario e os seus ían  gañar, pero do océano emerxeu Poseidón e nun intre desencadeouse unha tormenta. O barco afundiuse e só Acuario sobreviviu aferrándose a un anaco de madeira e, agarrado a el, a marea arrastrouno ata Inglaterra.


Alí empezou unha nova vida sen interesarse polo Kraken porque se os deuses querían que esa besta seguise viva, así tería que ser.

debu 5


A NENA E OS GOLFIÑOS


Era unha  noite estrelada nun planeta chamado Taabi  onde vive Biqua,  unha nena con cabelo violeta. Ten o pelo longo e crecho. É pequena e delgada. Os seus ollos son de cor rosa e moi brillantes. Leva a roupa limpa e bastante colorida. O carácter de Biqua é moi agradable e sociable. Vive soa nunha casiña preto do mar Violeta. Esa mesma noite foise a bañar e encontrouse cun golfiño rosa que falaba. O golfiño díxolle:


- AHHHHHH! Quen es?

-Son Biqua. E ti?

-Chámome Deca. Queres este agasallo?

-Si.Que é? - dixo a nena.

-Xa o verás. Toma.

- Grazas. Ata a vista!

Biqua foise a súa casa e abriu o regalo. Era un medallón violeta. Abriuno e...

reflectíanse uns golfiños en perigo! No interior había un colgante violeta. A nena non sabía para que era o medallón e preguntouse:


- Terei que axudar a eses golfiños con este colgante violeta?

Efectivamente,ese colgante era para axudar aos golfiños.Ao día seguinte, Biqua foi ao mar co colgante violeta e transformouse en serea. Entón  foise ao océano Timio e alí encontrou aos animais mariños  e díxolles:


- Non teñades medo, non son mala. Vide  conmigo e encontraredes a Deca.

Os golfiños foron, pero no camiño atopáronse cuns pescadores que os querían cazar e Biqua impediullo. Seguiron nadando ata chegar a onde estaba  Deca. Alí a nena entendeu porque Deca quería a eses golfiños Resulta que era a nai dos golfiños! Biqua non o pensou dúas veces e ao final quedou a vivir con Deca e os seus fillos. Viviron felices e comeron perdices e a mi non me deron porque non quixeron.


[gallery ids="651,652,653,654" type="rectangular"]

UN SEGREDO MOI CARO


No país de irás e non volverás vivían tres nenas que eran moi boas amigas. Chamábanse:Veva, Laura e Paula.

Un día que Laura estaba na súa casa, cando se ía meter na bañ eira, con só mollar un dedo do pé para ver a temperatura da auga, converteuse nunha serea. A Veva e a Paula pasoulles o mesmo.

-Quedamos no peirao en cinco minutos .- dixo Laura.

E alí quedaron, no peirao. Cando chegaron, puxéronse a falar do que lles pasou. Concluíron  que non llo ían contar a ninguén.

CO PASO DO TEMPO....

As nenas estaban no parque falando dos seus corpos de sereas cando  chegou un neno chamado Roberto que lles escoitara a conversación que tiveran as tres nenas.

-Ahhhhhhh!!!!.Con que esas temos, eh!!! Xa decía eu que ultimamente víavos moi raras- dixo Roberto cunha voz maligna.

-Por favor, non llo contes a ninguén !!!! - dixeron as tres nenas ao coro.

Roberto marchou moi calado como se non escoitase nada .

Dous días despois as nenas estaban no  corredor do colexio e dixéronlle:

-Se non lle dis nada a ninguén...- empezou Paula.

-Farémosche os deberes durante tres meses .-dixeron Laura e Veva ao unísono.

Roberto, como era moi “vagoneta”,  aceptou. Durante tres meses fixéronlle os deberes…. Quen sabe se aínda llos siguen facendo a pesar de que o conto xa está rematado!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Magosto 2024

Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...