xoves, 14 de maio de 2020

Contos dos faros

O alumnado de cuarto e quinto estivo traballando o Camiño dos Faros, e isto inspiroulle moitos contos. Velaquí unha mostra. Aproveitamos para mostrarvos algún retrato que eles fixeron de Carvalho Calero.


AXUDANDO ÁS BALEAS NA COSTA DA MORTE


Nunha casiña pequena vivía María, unha nena de sete anos á que lle encantaban as baleas. Vívía en Caión e ía todas as mañás ao porto. Unha mañá de sábado estaba no porto estudando a balea franca na súa tableta cando viu un anuncio que poñía “Busco información sobre o Camiño dos Faros”.


-Anda! Que interesante! Podería facer o Camiño dos Faros!

De súpeto, unha balea saíu da auga e foi xunto a María e díxolle:

--Axúdame! Hai uns señores que están ensuciando o mar e queren derrubar os faros do Camiño dos Faros! Por certo, chámome Lirian, e ti?

-Eu son María. Que mal! Hai que detelos!

As dúas chegaron ao faro de Laxe e alí encontraron a dúas persoas vestidas de negro falando entre elas. María interrompeunas e díxolles:

  • Parade! Non podedes destruír o faro!

  • E por que non? Riron os dous. Ademais, non só imos destruír o Camiño dos Faros, tamén o faremos coa Costa da Morte e as baleas!


María non podía máis e tirounos á auga. Eles non sabían nadar e arrastráronse ata a beira, pero alí había policías e detivéronos.

A policía agradeceulle a María todo o que fixo, pero esta estaba moi triste porque tiña que despedirse de Lirian.

Lirian prometeulle a María que viría todos os anos para contarlle as súas historias.

Clara

[gallery ids="694,695,696,697,698" type="rectangular"]

Calero, visto por alumnos/as de 4º



UNHA VIAXE ESPECIAL


Un día de moita calor, chegaba unha balea dos fríos e afastados mares á nosa costa. A verdade é que ela non sabía onde se atopaba e preguntoulle a unha gaivota que pasaba ao seu carón.  A gaivota, abraiada, díxolle que estaba en Galicia. Na bela e perigosa Costa da Morte.

A balea explicoulle que estaba facendo a súa ruta migratoria ás augas frías das illas Azores, pero ía quedar uns días aquí porque necesitaba descansar. A gaivota, emocionada,  díxolle se mañá quería ir facer turismo por toda a nosa costa. Ela respondeulle que si.


Ao día seguinte a balea e a gaivota espertaron moi cedo e puxéronse a voar e a nadar.

-Hoxe faremos unha ruta moi coñecida aquí en Galicia, o Camiño dos Faros. Vai dende Malpica a Fisterra e ten oito fermosas etapas. – Dixo a gaivota.


 Non o pensaron dúas veces e aló foron.

Xa levaban uns quilómetros de camiño cando chegaron ao primeiro faro, o de Punta Nariga, que simula a proa  dun barco introducíndose na mar. Continuaron a súa viaxe polo Faro Roncudo, onde se comen os mellores percebes do mundo. Seguiron coa súa ruta pasando por todos os faros.


A balea quedou encantada e tan sorprendida que lle prometeu á gaivota que volvería todos os anos. Esta díxolle que aínda quedaban moitas máis cousas que mostrarlle aquí en Galicia.

Uxía

OS FAROS QUE VIRON MUNDO


Había unha vez seis faros que tiñan celos das baleas que podían cruzar os mares mentres eles tiñan que quedar na terra da Costa da Morte. Os faros xa estaban cansados de pertencer ao Camiño dos Faros, querían coñecer o mundo.


Un día, unha balea beluga, preocupada polos faros,  preguntoulles que lles pasaba.  Os faros explicáronllo todo e a balea díxolles que os axudaría.

Á mañá seguinte volveu, deulle coa súa cola ao faro de Punta Nariga e... caeu ao mar!  Despois intentouno co faro Roncudo, pero non o logrou e foi chamar á súa amiga a balea piloto. Esta conseguiuno, pero despois, co faro de Laxe, tampouco houbo sorte.
Chamaron á balea gris, e foi capaz de tirar ao mar ao faro de Laxe, pero non ao faro Vilán, polo que chamaron á balea cachalote. Cachalote tirou ao mar o faro Vilán, pero non tiña forza para tirar o de Muxía. Entón, chamaron á balea franca que tivo suficiente forza para tirar ao mar o faro de Muxía, pero non o de Touriñán.
Unha balea azul pasaba por alí e tirou o faro Touriñán ao mar. Deste xeito, os faros viron cumprido o seu desexo!


Valeria style="text-align:center;">Caricaturas de Carvalho Calero realizados por alumnado de 4º


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Magosto 2024

Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...