domingo, 17 de maio de 2020
venres, 15 de maio de 2020
Conta, quinto!
O KRAKEN
Na Fosa das Marianas encóntrase un monstro lexendario, temido por todos os que se fan á mar. É o… Kraken! Esta lura leva séculos atormentando a todo tipo de barcos: buques, mercantes… Ninguén que se atopou con ela conseguiu sobrevivir. Esta besta destroza e afunde barcos e aos seus tripulantes.
Non hai persoa que se atrevera a desafiala, excepto un mozo audaz e intrépido. É alto, de pelo castaño e uns ollos azuis e profundos como o océano. Chámase Acuario. Só pensa en matar ao Kraken xa que este matou o seu pai. Tras anos de arduos traballos conseguiu suficientes mariñeiros para ir en busca do Kraken.
Embarcaron unha boa mañá con vento a favor; o barco navegaba como un raio. Navegaron polas costas africanas pero non atoparon ao Kraken. Pouco a pouco, os días ían pasando lentamente, sen nada novo, eran iguais aos anteriores. Estaban a punto de renderse cando se escoitou:
-Kraken á proa!
Así era, unha silueta emerxeu e empezou a batalla. Acuario e os seus defendíanse como podían dos ataques. Pouco a pouco, as forzas do Kraken diminuíron e así empezou o cotraataque. Os mariñeiros foron aos canóns e unha chuvia de chumbo caeu sobre o seu adversario. O Kraken non podía resistir máis. Acuario e os seus ían gañar, pero do océano emerxeu Poseidón e nun intre desencadeouse unha tormenta. O barco afundiuse e só Acuario sobreviviu aferrándose a un anaco de madeira e, agarrado a el, a marea arrastrouno ata Inglaterra.
Alí empezou unha nova vida sen interesarse polo Kraken porque se os deuses querían que esa besta seguise viva, así tería que ser.

xoves, 14 de maio de 2020
Contos dos faros
O alumnado de cuarto e quinto estivo traballando o Camiño dos Faros, e isto inspiroulle moitos contos. Velaquí unha mostra. Aproveitamos para mostrarvos algún retrato que eles fixeron de Carvalho Calero.
AXUDANDO ÁS BALEAS NA COSTA DA MORTE
Nunha casiña pequena vivía María, unha nena de sete anos á que lle encantaban as baleas. Vívía en Caión e ía todas as mañás ao porto. Unha mañá de sábado estaba no porto estudando a balea franca na súa tableta cando viu un anuncio que poñía “Busco información sobre o Camiño dos Faros”.
-Anda! Que interesante! Podería facer o Camiño dos Faros!
De súpeto, unha balea saíu da auga e foi xunto a María e díxolle:
--Axúdame! Hai uns señores que están ensuciando o mar e queren derrubar os faros do Camiño dos Faros! Por certo, chámome Lirian, e ti?
-Eu son María. Que mal! Hai que detelos!
As dúas chegaron ao faro de Laxe e alí encontraron a dúas persoas vestidas de negro falando entre elas. María interrompeunas e díxolles:
- Parade! Non podedes destruír o faro!
- E por que non? Riron os dous. Ademais, non só imos destruír o Camiño dos Faros, tamén o faremos coa Costa da Morte e as baleas!
María non podía máis e tirounos á auga. Eles non sabían nadar e arrastráronse ata a beira, pero alí había policías e detivéronos.
A policía agradeceulle a María todo o que fixo, pero esta estaba moi triste porque tiña que despedirse de Lirian.
Lirian prometeulle a María que viría todos os anos para contarlle as súas historias.
Clara
[gallery ids="694,695,696,697,698" type="rectangular"]
Calero, visto por alumnos/as de 4º
mércores, 13 de maio de 2020
LETRAS GALEGAS
Actividades dinamizadoras/ ligazóns de interese
A coordinadora territorial dos Equipos de Dinamización Lingüística da provincia da Coruña, anímanos a informarnos sobre o autor homenaxeado este ano, a traballar algunhas actividades que nos propoñen e a participar nalgúns concursos.
Dada a situación de estado de alarma que estamos vivindo, pola que aínda non nos incorporamos nin o profesorado nin o alumnado ao noso traballo nas aulas ordinarias, consideramos pertinente difundir neste blog todas estas actividades e ligazóns de interese.
En vésperas da conmemoración do 17 de maio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística fai públicos, a través do Portal da Lingua, os carteis e as guías premiadas no Concurso-Exposición das Letras Galegas 2020 dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Xa se poden ver en:
https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0007.html
Ademais destes materiais e das numerosas actuacións dos centros educativos que aparecen na sección do Día das Letras Galegas (https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas), tamén vos serán moi útiles estoutros recursos:
Poesía no confinamento
[caption id="attachment_607" align="alignnone" width="1080"]
Áritz, 3ºB[/caption]
Os máis pequenos contan!
Velaí vos van algúns contiños das nenas e nenos de primeiro e de 6º de Infantil.
O MAR VOLVEUSE NEGRO
Un día caeu moito petróleo no mar. Os peixes estaban moi asustados porque non sabían o que estaba sucedendo. Todos corrían. Os máis grandes axudaban aos máis pequenos.
Unha tartaruga dixo: “O petróleo é moi perigoso para a saúde”.
Os peixes marcharon todos para un mar limpo. Unha vez a salvo, fixeron unha festa para celebrar que todo saíra ben.
Irene 1º
O CRAVO FAI AMIGOS . 6º E.Infantil

O POLBO TAXISTA
Ola! Son un polbiño. Non o ides crer! Son un polbo taxista.
Quérovos contar unha historia de amizade:
Ía pola estrada cando de súpeto… pum, pum, pum! Estoupoume unha roda! Cos aforros que tiña, arranxeina. Un amigo díxome que podería seguir traballando de taxista e así conseguir máis cartos.
Alejandro 1º
[gallery ids="626,629,630" type="rectangular"]
Debuxos 4º Infantil
O DRAGÓN BO
Uns nenos estaban xogando ao fútbol, cando, de súpeto a pelota foise cara uns arbustos, onde estaba un dragón.
Un dos nenos foi buscar a pelota e viu ao dragón. Entón foi xunta un amigo e contoulle: “Vin un dragón”!
O amigo foi mirar e díxolle: “Aquí non hai ningún dragón. É mellor que vaias para a túa casa”.
O neno dixo: “De acordo”.
Camiñaba pola beirarrúa e viu de novo ao dragón. Díxolle enfadado: “Para de me perseguir. Xa abonda”.
Cando o neno foi moito maior púxolle o nome de Bo ao dragón e fíxéronse amigos. Sobre todo xogaban a chimpar a pelota.
Natalia
A SEREÍÑA ATRAPADA . 6º E.Infatil


O VERÁN
Había unha vez un neno ao que lle encantaba o verán. Gustáballe moito ir á praia e desfrutar da mar. Xogando con minipeixes e coa area pasaba os días.
Unha vez atopou unha estrela de mar. Estaba media morta e coa axuda da súa nai metérona nun caldeiro con auga de mar e reviviu.
Despois, o neno, colleu a estrela e ceibouna no mar. E así, un día tras outro, o verán ía pasando e o neno desfrutando de cada aventura que se lle presentaba.
Daniel
OUTRO DÍA DE CHUVIA
Sara mira pola fiestra e quéixase:
- Que rabia! Hoxe tamén chove a caldeiros…
-A este paso- murmura o seu irmán Miguel sen saír da cama- ímonos converter en peixes…
Sara pestanexa.
-É certo que leva moitos días chovendo, pero por máis que o intento non me imaxino convertida en peixe. En peixe non! Mellor en serea que son moito máis bonitas!
Miguel ri, cobre a cabeza coas sabas e di:
-Espértame cando che comecen a saír escamas!...
Mateo 1º
[caption id="attachment_639" align="alignnone" width="1108"]
Uxía, 2º[/caption]
Unha carta moi especial...
[caption id="attachment_586" align="alignnone" width="593"]
Dani recitando na Casa Museo[/caption]...Recibiuna Dani Mallo, de 4º . Dani participou o curso pasado, xunto con outros alumnos/as do colexio no concurso Rosalía Sempre Viva, que organiza a Fundación Casa Museo Manuel María e que se celebrou en Outeiro de Rei. El recitou un poema do poeta da Terra Cha, titulado Galiza, “a modo hip hop” que gustou moito. Visitando a Casa Museo, Dani informouse da vida do escritor e isto inspirouno para debuxar un cómic. Tiña moito interese en que Saleta, a viúva de Manuel María, vira o seu traballiño. Así que lle enviou unha carta e o cómic orixinal á Casa Museo. Pasou algún tempiño ( por problemas coa correspondencia), pero por fin, Dani recibiu unha carta agarimosa e unha camiseta. Que bonita! E con ilustracións de Leandro Lamas!


[caption id="attachment_587" align="aligncenter" width="436"]
Unha camiseta preciosa cuns versos de Manuel María[/caption]
PRODUTO FINAL DO NOSO PDI "O CORPO EN HARMONÍA"
O venres día 22 de maio, fixemos no cole como cada curso o produto final do noso PDI, este curso foi "O corpo en harmonía", e est...
-
Ola familias!! O venres 7 de novembro, celebramos o Magosto no cole. Fixemos unha chea de xogos divertidos, como dirixir a castaña, ences...
-
XOGA CO NOSO ESCORNALENDA Panel do escornalenda debuxado polo alumnado de 3º REGRAS DO XOGO: O primeiro xogador debe posicionar o escornab...
-
O alumnado de E.Infantil de 5 anos, 2º A, 2ºB e 3º plantou unhas landras en botas ou zapatos vellos no mes de decembro, despois de leren n...



















